Redacción 11/05/2021

Acudíu esta mañá ao IFEVI e eloxiou ao persoal sanitario que está a vacinar unha media de 6.000 persoas diarias

 

Hoxe que comezaba a vacinación das persoas de entre 50 a 59 anos de idade en todas as áreas sanitarias de Galicia e, a alcaldesa de O Porriño, Eva García de la Torre, recibíu a primeira dose da vacina da Covid.

A rexedora porriñesa foi unha das moitas persoas citadas hoxe polo Sergas no Recinto Feiral de Cotogrande -IFEVI- para recibir a primeira das dúas doses. No seu caso, foi vacinada coa de “Pfizer”, polo que nuha marxe de tres semanas, deberá recibir a segunda dose.

A alcaldesa do Porriño manifestou a súa felicitación ao ServizoGalego de Saúde “pola fantástica organización e polo trato magnífico do persoal que está alí vacinando no IFEVI, cun sorriso e máxime pensando que cada día están a vacinar a 6.000 persoas”.

Eva García animou a toda a poboación “a que acudan a vacinarse cando lles toque, que isto é bo para todos”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad