A obra, que abarca case 700 metros do vial desde a baixada á Picota cara a Coto-Cela, e que se iniciou onte, está financiada na súa totalidade pola Xunta con máis de 32.000 euros. A rehabilitación do firme, segundo o Concello, ten por obxectivo mellorar a seguranza vial e contribuír a construír un municipio “máis cómodo e amable para circular a tanto a pé como en vehículo”.
Esta mañá comenzaron os traballos da obra de mellora da seguridade viaria na Estrada Generoso Domínguez ata cruce baixada á Picota que se atopa incluída no Plan de Infraestruturas Rurais 2020 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural dependente da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. A obra, contratada e financiada íntegramente pola administración autonómica, contra cun orzamento de 32.284,29 euros.
A lonxitude total da actuación é de 685 metros que presentan pavimento de asfalto e resultan o único tramo de toda a Estrada Generoso Domínguez pendente de mellora. A actuación principal a desenvolver é a rehabilitación superficial do firme, unha mellora das características superficiais do pavimento que se realiza tras terse executado previamente o pertinente barrido de firme por medios mecánicos con limpeza enérxica de superficie de pavimento existente, mediante cepillo de aramio e incluso repaso manual. O recrecido consiste na extensión dunha capa de rodadura de 5 centímetros de espesor estendida e compactada. Previa a extensión, e unha vez executado a limpeza e barrido da superficie, aplícase rego de adherencia. Estímase un prazo aproximado para execución das obras de 2 semanas.