Redacción 04/05/2021

O novo prazo para regularizar a ocupación de nichos de titularidade municipal no cemiterio dos restos que pasen dos 10 anos rematará o 6 de agosto

 

A Concellería de Cemiterios que dirixe Sergio Casal comunica á veciñanza que amplía o prazo para regularizar a ocupación de nichos de titularidade municipal, por 3 meses máis. O prazo anterior vencía mañá, día 5 e polo tanto agora amplíase ata o 6 de agosto.

Esta decisión está baseada no problema de falta de espazo no Cemiterio Municipal cos nichos de titularidade do Concello, que levaban ocupados máis de 10 anos.

O bando da Alcaldía indica que “se lle solicita áveciñanza que teñan inhumados nos nichos de propiedade municipal a familiares e que tiveran transcorrido máis de 10 anos, procedan a retirada dos restos e a limpeza para poñelos a disposición do Concello”.

Durante o primeiro prazo baleiráronse 25 nichos e están en trámite outras 15 exhumacións máis.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad