Redacción 04/05/2021

As dúas actuacións levadas a cabo cun orzamento de  45.790,03 € atópanse nas parroquias de Corzáns e Pesqueiras

 

Rematadas as obras de mellora de camiños municipais en Corzáns e Pesqueiras. As obras incluídas neste proxecto consistiron  na mellora da pavimentación de dous camiños municipais.

O primeiro atópase na Parroquia de Corzáns, concretamente entre os barrios de A Feira e A Torre. O segundo está situado na Parroquia de Pesqueiras, e conecta os barrios de Gandarela e o Castelo.

Con esta acción o Concello de Salvaterra de Miño segue traballando  no seu plan de mellora da rede municipal de estradas e viais.

En ambos camiños o firme actual é de aglomerado asfáltico,atopándose o mesmo nun estado notablemente deteriorado, sendo por isto que se plantexa executar unha nova capa de rodadura sobre o pavimento asfáltico existente, para mellorar a calidade e seguridade de ambas carreteras.

Con esta nova pavimentación preténdese mellorar o servizo que prestan estas dúas infraestructuras aos seus usuari@s, pois  tratase de viais cunha relativa e elevada densidade de tráfico en relación ás súas características.

Unha obra executada cun orzamento de  45.790,03 €, que o Concello leva  a cabo a través do Plan Camiños 2020-2021, financiada mediante a subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (da Consellería do Medio Rural) ó abeiro do Plan de mellora de camiños municipais de acceso á parcelas agrícolas por importe de 37.843 €, asumindo O Concello o valor restante de 7.946,03 €.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad