Redacción 30/04/2021

O Concello mostra orgullo pola conciencia medioambiental dos pequenos do CEIP de Atín, que xunto co seu profesor acudiron ao chamamento dos veciños para axudar a limpar o lixo do Sendeiro dos Muíños de Pereiras. A xestión dos montes de titularidade pública é unha competencia compartida entre a Xunta e as administracións locais, sendo estas últimas as que se encargan do coidado dos montes non incluídos no catálogo de Montes de Utilidade Pública.

 

Onte mércores, 28 de abril, 40 alumnos e alumnas de 5º e 6º cursos de Educación Primaria do CEIP de Atín-Cela fixeron unha saída á zona dos Muíños da Salgueira, na parroquia de Pereiras, acompañados do veciño da zona, Daniel Lago Pérez, e de voluntarios de Protección Civil de Mos, co fin retirar lixo da zona.

Segundo explica Daniel “desde a Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras viñamos de realizar previamente labores de desbroce na zona descubrindo moitos desperdicios que se atopaban ocultos baixo a masa verde. Descubrimento co que tanto alumnado como profesorado do CEIP de Atín se sensibilizaron enormemente desde o principio, prestándose voluntarios para retiralo demostrando unha gran concienciación medioambiental”.

Tal e como informan os mestres responsables desta iniciativa, Edu e Fani, “esta visita estivo emarcada dentro do programa presentado á Voz Natura e que, baixo o nome de Refugallo Cero, pretende concienciar ao alumnado sobre a importancia de ser cosumidores responsables, reducir os resudios xerados e reciclar. Así mesmo, procura concienciar ao alumnado sobre a contaminación que produce o noso lixo no entorno”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad