O vindeiro 8 de maio, o Pazo de Mos será o lugar de saída e meta da 2ª etapa da competición, a cal levará o nome de “Gran Premio de Mos”.
Onte foi presentado na Praza do Concello do Porriño a Challenge As Rías Baixas 2021 que se celebrará os vindeiros días 8 e 9 de maio. O municipio mosense será anfitrión da 2º etapa desta proba ciclista, a cal será a primeira das actividades incluídas na programación municipal previa á etapa 20 de La Vuelta 21, con meta en Herville o 4 de setembro.
Será desde as magníficas instalacións do Pazo de Mos desde onde sairá a 2° etapa. Tratarase duhna gran saída neutralizada, espectacular, para sacar as mellores fotos.Esta etapa sairá ás 17.00 horas do Pazo de Mos, percorrerá os municipios de O Porriño, Tui, Salvaterra, As Neves e Ponteareas, para regresar de novo ao Pazo ás 19.00 horas aproximadamente. A Challenge As Rías Baixas conta coas seguintes categorías: Masculino Master (de 30 anos en diante), e Feminino (inscrición gratuíta): Reina (de 18 a 20 anos) e Master (de 30 anos en diante).