Redacción 29/04/2021

A proposta de EU Son de instar á Xunta a deseñar un plan de vixilancia ambiental sobre a actividade mineira en Budiño acadau os votos de toda a corporación municipal

 

 

O grupo de EU Son do Porriño, representado por Patricia Sío e Blanca Francés, presentou no Pleno de onte unha moción para que o Concello do Porriño inste á Xunta de Galicia, concretamente á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ao deseño e execución dun Plan de Vixilancia Ambiental sobre a actividade mineira na parroquia de Budiño, resultando aprobada por unanimidade. 

Dende EU Son indican que “é gratificante saber que veciñ@s de Budiño, sobre todo dos barrios da Vacaría e Vitureira, contan por fin co respaldo claro e firme de toda a Corporación Municipal”.

Isto supón o recoñecemento oficial da situación sofrida durante anos non só na parroquia de Budiño, senón tamén de Atios. “Aínda queda moito por facer e agora temos que seguir a dar pasos para resarcir en todo o posible á veciñanza, tanto dende o Concello, como apelando ao resto das administracións no que lle corresponda” explican dende EU Son.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad