O servizo prestaráse repartido en dous días no Concello de Salvaterra de Miño e o de Arbo, e un no de Crecente
O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a concesión da subvención aos Concellos de Salvaterra de Miño, Arbo e Crecente para a prestación de Servizos no marco da Rede Galega de atención pemperá.
A trascendencia dos cambios Sociais e a experiencia acumulada ao longo dos últimos anos que se recollen en documentos de referencia como o Libro branco de atención temperá e o informe da Axencia Europea para o desenvolvemento da Educación Especial, sinalan a conveniencia de asumir un novo concepto da citada atención basado nos dereitos dos nenos e nenas, na igualdade de oportunidades e na participación social, centrado nas necesidades da familia e na prestación dos servicios no seu contorno e por outra parte, implica necesariamente que a saúde, a educación e os servizos sociais se involucren e interrelaciones para ofrecerlles unha acción integral.
Nese sentido os tres concellos únense para solicitar esta subvención e así poder prestar aos seus veciñ@s un servizo de proximidade e de calidade, co fin de que non se teñan que desprazar fora do seu termo municipal para poder obter unha atención eficaz e de calidade.
O servizo será ofertado dous días no Concello de Salvaterra de Miño e Arbo e un no de Crecente, e así deste xeito organizado e colaborativo, levar a cabo un servizo que de outra maneira sería imposible.
Os concellos buscan unha acción integral destinada a satisfacer os dereitos e necesidades dos nen@s con trastornos no desenrolo ou en risco de padecelos e das súas familias, así como a súa prevención, e deste xeito tamén, dar resposta á necesidade de regular os servizos de atención temperá como unha rede integral de responsabilidade pública e de carácter universal; rexida polos principios de igualdade, coordinación, atención personalizada, integración social, interese superior d@s menores, prevención, autonomía persoal e participación, descentralización, cercanía, interdisciplinariedade e alta calificación profesional, diálogo e participación familiar de calidade.