Redacción 28/04/2021

Ao non ser reclamado nin identificado, o Concello do Porriño faise cargo da inhumación nun nicho de titularidade municipal

 

Os restos mortais da persoa atopada o pasado 21 de febreiro no interior dun pozo no Cerquido, serán inhumados mañá xoves 29 no Cemiterio Municipal do Porriño.

O Concello ten que facerse cargo da inhumación xa que o cadáver non fora identificado nin reclamado, pois non constan denuncias de persoas desaparecidas pola zona, e non hai mostra coa que comparar ADN.

Como consecuencia, o Xulgado de Instrución nº 3 de O Porriño, solicitou ao Concello que se fixera cargo do levantamento e recollida dos restos mortais, actualmente depositados no Tanatorio Vigo Memorial, para a súa inhumación nun nicho de titularidade municipal no Cemiterio; trámites que se levarán a cabo coa presenza da Guardia Civil.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad