Redacción 27/04/2021

Nunha xuntanza mantida por videoconferenca coa alcaldía de Mos, os escolares conseguiron acordar co Concello o inicio dunha campaña de sensibilización por un Mos “máis limpo e máis verde”. Outras das ideas propostas por estes estudantes para frear o cambio climático son non malgastar a auga corrente, non desfeitar de xeito inapropiado o lixo común nin as mascarillas, reciclar e reutilizar.

 

Esta mañá, represetantes do Concello de Mos mantiveron unha videoconferencia co alumnado e a mestra de 4º B de Primaria do CEIP Pena de Francia para avanzar no proxecto europeo eTwinning contra o cambio climático no que está a participar esta clase.

O pasado 22 de marzo a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, recibiu unha carta do alumnado de 4º B de Primaria do Colexio de Pena de Francia para pedirlle a súa axuda na participación da clase no proxecto europeo eTwinning contra o cambio climático. Algunhas das ideas propostas por estes cativos para frear o cambio climático son non malgastar a auga corrente, non desfeitar de xeito inapropiado o lixo común nin as máscaras, promover a reciclaxe e a reutilización, entre outras.

Algunhas das suxerencias trasladadas xa á alcaldía son tamén “máis puntos limpos para a recollida de obxectos contaminantes, charlas medioambientais nos centros educativos, instalación de placas solares, saídas colectivas para limpeza de montes e zonas verdes, fomento do uso de medios informáticos e electrónicos para reducir o uso de papel, fomentar o uso de bolsas de papel e tea, así como de composteiros nos fogares e de vehículos eléctricos, reducir o consumo de plástico…” etc.

Da xuntanza celebrada hoxe extraeuse o acordo entre Concello e escolares de iniciar unha campaña de sensibilización por un Mos máis limpo e máis verde, orientada a todos os colexios de Mos, pero tamén á poboación mosense en xeral. Os estudantes de 4º B do Pena de Francia encargaranse do deseño dun folleto informativo no que se recolla o teléfono de contacto do servizo municipal de recollida de enseres para que ninguén os desfeite en zonas verdes nin na vía pública, no que se potencie o uso de bolsas reutizables de tea, así como a reducción do consumo de plásticos, entre outras medidas.

eTwinning é a comunidade de centros escolares de Europa. Ofrece unha plataforma aos equipos educativos (profesorado, equipos directivos, persoal de biblioteca, etc.) dos centros escolares dos países europeos participantes, para comunicarse, colaborar, desenvolver proxectos, compartir ou o que é o mesmo: sentirse e formar parte da comunidade educativa máis atractiva de Europa. eTwinning está cofinanciado e forma parte de Erasmus+, o programa da Unión Europea en materia de educación, formación, mocidade e deporte.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad