Redacción 23/04/2021

A empresa porriñesa Darlim é a benefactora desta doazón que permitirá cumprir aos hostaleiros coas normas establecidas pola Xunta  

 

O Partido Popular do Porriño conseguiu a colaboración da empresa Darlim, con sede no Polígono de A Granxa, para dotar de aparatos medidores de CO2 á asociación local de hosteleiros porriñesa AHOSPOR e, deste xeito, que os restaurantes cumpran cos requisitos do Plan de Hostelería Segura de Galicia, que entre outras cuestións, esixe garantir a calidade do aire no local. 

O voceiro do PP do Porriño, Alejandro Lorenzo, agradece a colaboración e solidaridade amosada por Darlim, que permitirá que os restaurantes do municipio cumpran cun requisito obrigatorio, dende hoxe, para servir ceas.

Lorenzo destaca que “o noso partido se puxo a disposición, desde o  primeiro momento da pandemia, a colaborar e axudar aos veciños e diferentes colectivos locais”, e por iso agora dende o grupo popular deron un paso máis buscando solucións para que, os restaurantes do Porriño, sigan avanzando na desescalada segura das medidas ditadas pola Xunta.

Nesta liña, Lorenzo anima aos veciños a facer uso da hostalería local “con sentidiño”.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad