O veciño mosense Daniel Álvarez terá a oportunidade de competir, contra os outros 19 mellores bartenders do Estado, por representar a España no campionato mundial de cocterlería organizado pola World Class. A súa orixinal e impresionante aposta evoca as aventuras vividas polo mercador italiano Marco Polo e convida a desfrutar o cóctel con todos os sentidos.
Daniel Álvarez, bartender mosense, figura por segundo ano consecutivo na lista dos 20 mellores bartenders do Estado segundo World Class Competition. Aínda que actualmente traballa no triestelado restaurante Akelarre (3 estrelas Michelin) en Donosti (Euskadi) co equipo de Patxi Troitiño, ou anteriormente en Tortuga (Forteventura), o bartender mosense comezou dando os seus primeiros pasos en locais da zona, como o Rami, no Porriño.
A proposta coa que o mosense Daniel Álvarez alcanzou, primeiro, o Top 60 e, posteriormente, o Top 20 de España é Zipango, é un cocktail conceptualizado para enxalzar o corazón cítrico da xenebra a través da viaxe realizada polo mercador italiano Marco Polo desde Venecia ao Sueste Asiático. Trátase dunha experiencia sensorial, onde temos que cheirar, lamber, beber, comer e tocar, baseada nas aventuras vividas por Marco Polo.
A receita do taletoso bartender divídese en tres actos: O acto litúrxico, cunha pintura de lima e lúpulo citra, Zumaque e po efervescente de Pementa de Sichuan. Débese que ofrecer Zipango a través da nosa lingua, lambiendo o vaso de abaixo a arriba para excitar nosas papilas gustativas; A viaxe, con Xenebra Tanqueray Ten, rosolio de camomila e bergamota, mollo cristalino de Ponzu, Kombucha Pet- Nat de Lemongrass (Ama Brewery); e por último, as 3 Mentiras de Marco Polo, con 3 follas nixtamalizadas de Mesopotamia, India e Zipango.
Este útimo consiste nun trompe-l’œil, ou engano visual, onde parece que comemos follas de tres cítricos diferentes. Mais non é así, son tres portas a tres zonas distinguidas da viaxe de Marco Polo. O cliente decide onde empeza e finaliza a súa experiencia.
O martes 27 de abril, Álvarez tratará de alcanzar a final e estar no Top 10 de España, co obxectivo de gañar unha praza na final mundial de World Class 2021. Esta é a competición de cocteleria mais prestixiosa do mundo que, desde hai máis de 11 anos, busca ao mellor bartender do planeta entre mais de 50 países.
Promovida por Diageo Reserve, World Class é a plataforma que impulsa a arte da coctelería ao redor do mundo. Desde a súa creación a World Class Competition involucrou a máis de 20.000 bartenders procedentes dos cinco continentes na investigación e promoción das últimas tendencias en mixología. Ademais de buscar ao mellor bartender do mundo, a World Class Competition é, en esencia, un programa de formación e unha plataforma recoñecida internacionalmente que pon en valor a arte da coctelería e os profesionais que a elaboran, e que conseguiu en poucos anos transformar, reinventar e elevar a arte da coctelería ao nivel da alta cociña.
A plataforma propón diferentes challengues en función a súa portfolio de marca, co que cada aspirante expón a súa proposta a un deles. De entre todas as propostas, elíxense as 60 mellores de España para o Top 60 ficando, posteriormente, só as mellores propostas de fronte ao Top 20, as cales se enfrontarán aos 20 mellores bartenders do país nunhas semifinais das que sairán os 10 mellores, que se batirán polo título nacional na final. O gañador é seleccionado para representar cada país na final global.
Este ano, por primeira vez na historia e debido ás restricións sanitarias provocadas polo Covid 19, o formato da competición pasa a un formato virtual (inicialmente, a final mundial sería celebrada en Madrid). Desta maneira, os aspirantes presentan as súas propostas a través dun sistema audiovisual vía streaming desde os seus bares a un xurado de alto nivel, que poderán degustar os cocteles ao instante.
O martes 27 de abril celebrásese a semifinal nacional vía streaming (a través da redes sociais de World Class Espanha) a partir das 11 am, onde os 20 mellores bartender do país poñerán a proba as súas habilidades e coñecementos.