Redacción 23/04/2021

Mos habilita un servizo de axuda para a tramitación do Bono Activa Comercio da Xunta, que destinará até 10 millóns de euros para financiar descontos nas compras en comercios galegos, mediante o uso dunha aplicación. Este servizo está ubicado na Axencia de Colocación de Mos e as empresas interesadas poden informarse chamando ao teléfono 986487786.

 

O Concello de Mos ofrece desde a Axencia de Colocación asesoramento para a adhesión ao programa do Bono Activa Comercio da Xunta de Galicia, dirixido a empresas de distintos sectores e particulares. O persoal municipal da Axencia xa realizou, asegura o Concello, unha rolda de chamadas ás empresas mosenses dos sectores que poden acceder a este bono para informarlles sobre as condicións que teñen que cumprir e ofrecerlles a súa axuda para a tramitación.

A Xunta de Galicia convocou recentemente un programa de Dinamización e incentivación do consumo en comercios retallistas a través dos Bonos Activa Comercio. Para participar neste Programa débense adherir ao Programa, a través da web: https://www.bonosactivacomercio.gal A alta e o uso da aplicación polos comerciantes suporá a aceptación das condicións do seu uso: o nome comercial e localización dos establecementos adheridos ao programa bonos Activa Comercio faráse público na web citada; deberán ademáis anunciar no exterior do establecemento, nun lugar visible, a adhesión ao programa, mediante a colocación dos correspondentes materiáis publicitarios coa imaxe corporativa do programa Bonos Activa Comercio; deben facer o desconto directo do bono no ticket ou factura de compra emitido e especificar por escrito na xona de caixa, de forma visible, a política de devolución a través do Bono activa Comercio. Tamén, os comerciantes deberán conservar durante un ano todos os tickets de compras ou facturas emitidas.

Para poder trocar os bonos e poder facer efectivos os descontos, o comerciante terá que descargar no seu móvil a APP correspondente. No momento da compravenda, o comerciante terá que introducir na APP o importe e concepto de venda, automáticamente aparecerá o importe a cobrar (unha vez aplicado o desconto). O usuario deberá amosar o seu bono ne formato QR e pagar, o importe final da compra realizada. Os descontos son de 5 euros en compras de entre 30 e 50 euros, e de 10 euros por compras superiores ou iguais a 50 euros.

 

O importe máximo dos bonos que poderá trocar a empresa é de 5.000 € (IVE incluído). A adhesión áxil ao Programa de Bonos garantizarálles ter máis posibilidades de participar no Programa. Os bonos activaránse a partir do 3 de maio. No caso dos clientes cada persoa beneficiaria disporá dun único bono que poderá ser usado nun ou varios dos comercios adheridos ao programa. 

Os comerciantes adheridos ao programa recibirán cunha periodicidade semanal, na conta bancaria que indiquen, a cantidade equivalente aos bonos trocados no seu establecemento. A través da plataforma os comerciantes terán á súa disposición a información necesaria e poderán consultar o histórico das vendas, os bonos xa trocados, os aboamentos feitos pola entidade colaboradora e os demáis detalles da operación.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad