Redacción 22/04/2021

O Concello do Porriño recoñeceu hoxe o correpondente permiso urbanístico que ampliaría o espazo médico a 1.105 m2 cun orzamento de 2,9 millóns de euros

 

 

Con data de hoxe, o Concello do Porriño comunicou ao SERGAS a concesión de licenza de construción para a proxectada reforma e ampliación do Centro de Saúde, segundo comunicou o concelleiro de Infraestruturas e Urbanismo, Pedro Pereira.

O primeiro tenente de alcalde manifestou que “unha vez máis urximos á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para que acometa a prometida ampliación”.

A licenza de construción concedida para unha ampliación de 1.105 m2 da presente edificación, conta cun orzamento de 2,9 millóns de euros.

Dito permiso urbanístico  concédese baixo varias condicións: previo ao comezo das obras, o Servizo Galego de Saúde deberá achegar ao Concello entre outros trámites, proxecto de execución e constituír unha garantía cuxo importe calcúlase nunha cantidade de 7.800 €, para facer fronte a posibles danos na vía pública e nos bens municipais durante a execución das obras.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad