A alcaldesa convoca unha Comisión Municipal de Seguimento da COVID e anima á veciñanza a participar no cribado
A alcaldesa do Porriño, Eva García, convocou para mañá venres ás 11.00 h, reunión da Comisión Municipal de Seguimento da Covid na que se abordarán as últimas novedades entre as que figura a realización dun cribado polo Servizo Galego de Saúde, que convocará a 6.000 persoas da contorna; ditas probas PCR realizaranse o domingo 25.
A este respecto, o xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente, disculpouse hoxe coa rexidora porriñesa por non ter informado previamente ao Concello do Porriño, da previsión dese cribado a realizar no Polideportivo Municipal. O xerente atribuiu o erro ao seu gabinete, que informou da previsión sen ter falado aínda cos concellos (entre eles, O Porriño) que se citan nunha nota informativa, que se difundiu onte.
O Concello porá o Pavillón nº 2 do Polideportivo Municipal a disposición do SERGAS para a realización desas probas.
A alcaldesa exhorta anima á veciñanza a participar neste cribado para contribuir á localización de posibles asintomáticos. Eva García agarda a colaboración da cidadanía, xa que os últimos cribados convocados polo SERGAS na área de Vigo están a ter moi baixa participación.