O curso impartiráse en liña e constará de 60 horas de formación, e está destinado a persoas maiores de 16 anos. O prazo de inscripción remata mañá.
O Concello informou onte do próximo peche do periodo de inscripcións no curso de lingua de signos. Mañá, xoves, será o último día para incribirse no Curso de lingua de signos Nivel A 1 de 60 horas que organiza o Concello de Mos dirixido á mocidade maior de 16 anos. Trátase dun curso on line no que a formación realizarase a través da plataforma SignoCampus entre o día 3 e o 30 de maio. O prezo é de 80 € para a poboación xeral e 60 € para persoas desempregadas.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o xoves 22 de abril no Rexistro do Concello ou na Sede Electrónica. A lista de admitidos publicarase o venres 23 de abril na OMIX, no Rexistro do Concello e na páxina web do Concello de Mos. O número total de prazas ofertadas é de 25, que serán asignadas por rigorosa orde de entrada no Rexistro Xeral do Concello.