Redacción 20/04/2021

Alcaldesa e concelleiros acompañaron a Santos Héctor e Ana Laura Iglesias que visitaron as rúas acondicionadas na parroquia porriñesa con cargo ao Plan Concellos por importe de 90.249 €

 

 

Esta mañá os deputados provinciais, Santos Héctor e Ana Laura Iglesias, acompañados da alcaldesa do Porriño, Eva García; o primeiro tenente de alcalde, Pedro Pereira; e dos concelleiros Lourdes Moure e David Alonso; comprobaron hoxe en Torneiros o resultado das obras de asfaltado realizadas polo Concello, sufragadas coa achega da Deputación de Pontevedra, a cargo do Plan Concellos 2020. Tamén participaron do percorrido o xerente e a directora de obra (contratada para executar os asfaltados) da empresa “Fechi”, Enrique Navarro e Lucía Barros, respectivamente. 

En concreto, a achega da Deputación foi de 90.249 € que a xuízo do deputado provincial responsable de Cooperación cos Concellos “á vista do resultado, non podo dicir outra cousa máis que é un investimento moi ben feito”. Santos Héctor valorou que “é unha actuación moi relevante para Torneiros que ten o 25% da poboación total do concello dos traballos”, significou que serven para “mellorar o entramado urbano da parroquia” e “para garantir a seguridade vial”.

Pola súa banda, a alcaldesa subliñou que os asfaltados realizados en diversas rúas de Torneiros “forman parte das actuacións de mellora e posta en valor desta zona”. Eva García agradeceu o traballo feito polo primeiro tenente de alcalde “na supervisión das actuacións” e recoñeceu “a capacidade que acredita Pedro Pereira”.  Por último, a alcaldesa transmitíu “moitas grazas á Deputación pola atención que ten co Porriño como sei que tamén o fai co resto dos concellos” e comparouna coa Xunta de Galicia que “fai un investimento de 0 € no Porriño”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad