Redacción 17/04/2021

A alcaldesa anunciou onte que xa lle foi feito o pedido á unha empresa mosense e que serán entregados a próxima semana. O uso destes dispositivos será obrigatorio a partir do 23 de abril. O Concello celebra ser “pioneiro en obsequiar aos seus hostaleiros” con esta tecnoloxía. A empresa proveedora doará o 50 %.

O Concello ven de facer unha encomenda á empresa mosense Rodavigo de aparatos medidores de CO2 para todos os negocios de hostelería do municipio, e axudalos así a que se axusten ao Plan de Hostalería Segura de Galicia que esixe garantir a calidade do aire no local. A entrega aos hostaleiros dos medidores de CO2 realizarase a vindeira semana.

Coa obriga de implantar medidores de CO2 para controlar a calidade do aire nos establecementos, e ante as dificultades de atopar estes dispositivos en cadeas de electrodomésticos locais, os propietarios lánzanse de inmediato a Internet. Os distribuidores destes aparatos temen que o caso dos medidores de CO2 sexa similar ao das máscaras, por exemplo, cunha demanda súbita e desproporcionada, que provoque un desabastecemento en pouco tempo. En calquera caso, como subliñan, o medidor é un investimento que se fai unha soa vez e non require ningún tipo de mantemento.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad