Un total de 15 persoas incorporáronse a traballar nos servizos municipais ao abeiro do Plan Concellos da Diputación por unha duración de 8 meses
Nas últimas semanas quince persoas incorporáronse a traballar ao concello de Tui tras ser contratadas grazas á achega da liña 3 de “Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais” doPlan de Obras e Servizos-Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra.
A incorporación aos seus postos de traballo tense realizado de xeito escalonado ao longo das últimas semanas.
Así foron contratadas 8 persoas coma peóns de desbroce durante 8 meses cunha xornada parcial de 30 horas á semana. Amais a tempo completo e durante nove meses contratáronse a 1 oficial de segunda condutor, 2 oficiais segunda albanel, 1 oficial segunda cerralleiro – soldador, 1 oficial segunda carpinteiro e 2 animadoras turísticas para a Oficina de Turismo.
As novas e novos traballadores foron recibidos na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro; o concelleiro de Persoal, José Ramón Magán; e o concelleiro de Medio Rural, Rafael Estévez, que lles deron a benvida á plantilla municipal explicándolles a maiores o seu cometido nos próximos meses.