Atenderase á veciñanza interesada nas dependencias da Axencia de Colocación de Mos, onde se ofrecerá asesoramento para tramitar as axudas ao aluguer de vivendas do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021.
Desde o venres 16 e ata o xoves 29 de abril, técnicos municipais estarán a disposición dos veciños e veciñas interesados en solicitar as axudas ao aluguer. Será na Axencia de Colocación (antigo CDL) na estrada de Puxeiros a Peinador, en horario de 9:00 h a 14:00 horas. Para asistir, deberán pedir cita previamente chamando ao teléfono 986 487 786.
As axudas compóñense de dúas liñas: a liña A, de axuda ao alugamento de vivenda, cuxa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas; e a liña B, unha axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente, cuxa a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas.
Os requisitos que se deben cumprir para solicitar estas subvencións é ter contrato de alugamento no momento de presentar a solicitude, tanto na liña A como na liña B; optar por unha das dúas liñas de axudas; no caso de que seleccione as dúas liñas no formulario de solicitude, a axuda tramitarase pola liña A; no caso de que non se seleccione ningunha liña, o grupo de idade na liña a ou non se indique o importe da renda de alugueiro a solicitude non será admitida a trámite; só se admitirá unha única solicitude por cada unidade de convivencia, e no caso de presentar máis dunha solicitude, só se tramitará a primeira das presentadas, téndose por inadmitidas todas as demais. Ademais, no caso de contratos de alugamento asinados por máis dunha persoa da unidade de convivencia, só se poderá conceder unha única axuda polo dito contrato.
Outros requerimentps son que a vivenda debe constituír a residencia habitual e permanente da persoa beneficiaria, o que se acreditará cun xustificante de empadroamento conxunto, no que consten, na data da solicitude, as persoas que teñen o seu domicilio habitual na vivenda obxecto do contrato. Tamén, a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da unidade de convivencia deben estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.