Redacción 15/04/2021

Editado por Galaxia, trátase dun libro homenaxe aos seres que levan dando medo durante moitos séculos. O Concello de Mos adquirirá exemplares para distribuír entre os centros educativos e culturais da localidade, así como para a Biblioteca Municipal.

 

Onte celebrouse no Pazo de Mos a presentación do libro “Na procura do medo esquecido: Catálogo de criaturas mitolóxicas e fantásticas de Galicia”, á que asistiron Juáncho, autor da obra de ascendencia mosense, xunto con representantes da Editorial Galaxia e do Concello. Foi un acto emotivo pois, ademais do libro, o autor falou das súas raíces mosenses, dos seus avós María e José que rexentaban a “Panadería de José Vicente” en Sanguiñeda, e de moitas aspectos da obra. 

O Concello anuncio que adquerirá exemplares deste libro para que estean presentes en todos os colexios e demais centros educativos do municipio, así como nos centros culturais das parroquias e na Biblioteca Municipal. Así, esta fermosa obra sobre a tradición galega estará ao alcance, e poderá ser coñecida por toda a poboación interesada nela e empregada en CEIPs e Escolas Infantís como ferramenta didáctica.

 

“Perder o medo é un exercicio inútil de soberbia porque sempre nos rolda. É unha falta de respecto”. Así é presentada a intención deste novo libro. A obra pretende rendir “homenaxe a algúns deses seres que levan dando medo durante moitos séculos e hoxe vagan polo noso esquecemento”. Mediante unha compilación de ilustracións e concisos textos explicativos, realízase unha revisión dos elementos máis característicos da mitoloxía galega, onde a natureza aparece como protagonista poñendo o escenario, a luz e os personaxes principais. Feitos extraordinarios narrados dun xeito sinxelo, directo e coloquial.

Juáncho é licenciado en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo (2004) e conta co Ciclo Superior de Artes Plásticas e Deseño en Gráfica Publicitaria da Escola de Arte e Superior de Deseño de Ourense (2001). Nacido no Porriño en 1977, dende cativo foi unha persoa moi inqueda e gustoulle relacionarse coa cultura, a arte e a ilustración. É un apaixonado do debuxo e da banda deseñada, e de aí que, en 1996, fundase e coordinase un fanzine que dinamizou dende O Porriño, e que contou con colaboracións de artistas de toda Galiza. Era o Comikaze, unha publicación aperiódica de BD que se prolongou ata 2005. Ao longo das súas oito edicións, o fanzine chegou a albergar colaboracións de artistas da categoría de Emma Ríos e tentou ser soporte para dar visibilidade a novos talentos. Crea, en 2008, un estudio de comunicación (publicidade e ilustración) no Porriño, que leva por nome: “juáncho DEBUXA & DESEÑA”. Nestes máis de dez anos traballou e colaborou con clientes de distinta entidade e natureza como a Universidade de Vigo, o Festival de Cans, o Festival Reperkusión, a Festa da Rosa, a Festa de Arde o pazo, e mesmo o disco-libro, María Fumaça.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad