Redacción 10/04/2021

A incorporación do novo concelleiro, José Areal, en substitución de Begoña Toucedo, motiva certos cambios na distribución das delegacións entre os edís do equipo de goberno local mosense. Areal Giráldez, empresario local, asumirá as competencias de Deporte e Urbanismo. O novo goberno componse de seis homes e tres mulleres. 

 

No Pleno da Corporación Municipal do Concello de Mos celebrado o pasado 29 de marzo produciuse a toma de posesión por parte do concelleiro do grupo municipal de goberno, José Areal Giráldez, sobre o que a alcaldesa de Mos adiantou na sesión plenaria que sería o edil responsable da concellería de Deportes. Esa non será a única novidade que implica a incorporación de Areal ao equipo de goberno local, senón que supón unha reestructuración das delegación que se produce cando queda xa moi pouco para chegar á metade da lexislatura.

Ademais de Deportes, a alcaldesa de Mos aposta por José Areal, empresario do municipio, para xestionar Urbanismo e asígnalle Patrimonio ao edil Leo Costas, que ata o de agora xa levaba as concellerías de Medio Ambiente Sostible, Mocidade, Emerxencias e Novas Tecnoloxías. Arévalo asegura que Areal “coñece moi ben o mundo do deporte” ao ter xogado fútbol nalgún equipo de municipio, así como ter presidido o clube de fútbol U.D. Mos.

Por outra banda a rexedora local mosense asígnalle a concellería de Participación Cidadá a Sara Cebreiro, carteira que se suma ás súas competencias actuáis nos departamentos de Política Social e Igualdade, e Cultura e Turismo. O resto do equipo de goberno manterá as súas atribucións. Sobre os cambios realizados no goberno local a alcaldesa salientou que “son realizados pensando sempre en mellorar, en prestar mellores servizos á veciñanza e respostar óptimamente ás súas demandas, necesidades e prioridades”.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad