Redacción 10/04/2021

O prazo de alegacións será de 2 meses dende a súa publicación no BOP

 

 

O Concello de Salvaterra de Miño ven de acordar no Pleno do 29 de marzo de 2021 a aprobación inicial do Inventario Municipal de Bens e Dereitos do Concello de Salvaterra, onde se recolle entre outros a definición de camiños públicos e bens municipais.

Dada a situación sanitaria que imposibilita se poidan facer reunións nas parroquias, para  informar deste Inventario, dende o Concello ponse a disposición de todos os seus veciñ@s o mesmo, para revisar e presentar as alegacións pertinentes na páxina web do Concello –utilizar navegador explorer ou mozilla-.

Así mesmo, os mapas e as fichas estarán a disposición dos cidadáns no Salón de Plenos ou na secretaria do Concello de Salvaterra.

O prazo de alegacións será de 2 meses dende a súa publicación no BOP.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad