Redacción 10/04/2021

Trátase dunha actividade de ocio con premios de 50 € para estimular o consumo no comercio e na hostalería do Porriño

 

 

Dende hoxe, sábado 10 de abril, o xogo “A Miña Avoa” ponse en marcha, unha iniciativa do Concellodo Porriño en colaboración coas asociacións de Comerciantes “ACIPOR” e de Hostaleiros “AHOSPOR”, para estimular o consumo dos porriñeses no comercio de proximidade e na hostalería local.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil -OMIX- organiza este certame que promove o Concello, a través da Concellería de Festexos e co apoio da Concellería de Comercio, coa produción a cargo da firma “Especialistas Hípica Celta”.

En total son 145 establecementos do Porriño os que participan desta iniciativa que durará como máximo ata o 8 de xuño.

O xogo, aberto a toda a cidadanía da vila, consiste na procura dun “tesouro”, con premios de 50 € para consumir no comercio e hostalería locais, dando protagonismo á economía local, non só coa súa implicación, senón tamén porque os premios reverten no consumo das propias empresas da vila.

Deixamos ligazón coas bases para maior información.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad