Redacción 08/04/2021

As empresas contratadas iniciarán os traballos o vindeiro mes de maio.

 

O Concello de Mos informou hoxe de que xa foron adxudicadas as 3 empresas (2 de tala e 1 de desbroce) que acometerán as execucións subsidiarias de limpeza de predios desde maio a outubro dentro do Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais. Os representantes municipais aproveitaron para lembrar aos particulares propietarios de predios con limpezas pendentes que aínda están a tempo de executalas antes de que o Concello comece a actuar de oficio o vindeiro mes de maio. Este ano desde a administración local mosense faise un especial esforzo na prevención e loita contra os lunes forestais coa contratación destas 3 empresas, xa que o pasado 2020 foi unha única empresa a contratada.

Ante calquera dúbida, os propietarios de predios pendentes de limpeza poden chamar por teléfono á concellería de Medio Ambiente (986 09 70 37) para pedir cita e acudir a aclarar as cuestións que se plantexen a este respecto. O Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais foi aprobado polo Concello de Mos en 2019 tras terse adherido ao convenio coa Consellería do Medio Rural, SEAGA e a Fegamp.

O Plan Municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais é de elaboración, execución e actualización obrigatoria para os Concellos e intégrase dentro do PLADIGA (Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia) e dos Plans de Distrito; así como no Plan de Emerxencias Municipal, tendo sido redactado por un titulado universitario forestal. Este Plan Municipal inclúe aproximadamente 15.000 predios inventariados cuxos propietarios deben proceder á súa limpeza.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad