Están xa esgotadas as entradas para o espectáculo “Brinca Vai” na carpa, pero quedan aínda dispoñibles para “32m2” no Teatro Municipal
Dentro da programación cultural de San Telmo, mañá xoves 8 de abril, a primeira cita do día será ás 17.00 h no Paseo da Corredoira, co pasarrúas que realizará Barafaunda Animación co espectáculo “3 Pompeiras”, unha divertida animación chea de maxia e ilusión, que volverá actuar ás 19.00 h.
Xa na carpa que se instalou na Corredoira, ás 18.00 h actuará Paco Nogueiras co espectáculo “Brinca Vai”, lamentablemente unha actuación para a que xa non quedan entradas dispoñibles. O músico e actor Paco Nogueiras combina música, animación e interpretación nun espectáculo no que combina cancións, animación e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos. O público asistente vivirá unha divertidísima viaxe chea de humor, baile e cancións.
Ás 20 h no Teatro Municipal é a quenda de Butaca Zero con “32m2”. Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira son os ideadores, creadores, produtores e directoresdesta peza na que reflexionan sobre o confinamento partindo da experiencia propia. Sobre o escenario estarán Xurxo Cortázar e Nuria Gullón interpretando a Mar e Xan, a parella protagonista desta traxicomedia, que viven no seu pisiño de 32m². O aforo está limitado a 180 butacas. As localidades deben reservarse en tui.gal.
Na Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica, pódese a exposición “Estampas anagrámicas de Rafael García Sánchez”.Recupérase así esta mostra que formou parte das festas de San Telmo de 1934.
Programación de Actividades de San Telmo 2021
Do 7 ao 12 de abril
-
Na Sala de Exposicións Municipal “Estampas anagrámicas de Rafael García Sánchez”
Xoves 8
-
Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasarrúas BARAFUNDA “3 Pompeiras”
-
Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira PACO NOGUEIRAS “Brinca Vai”
-
Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasarrúas BARAFUNDA “3 Pompeiras”
-
Ás 20 h no Teatro Municipal BUTACAZERO “32m2