C21 solicita a mellora da seguridade na subida de San Simón, en Ribadelouro, pola ameaza dun eucalipto
O concelleiro liberal, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada que a Concellería de Medio Rural tramite unha solución para o eucalipto que está inclinado sobre a estrada PO 2502 na subida de San Simón.
José Palacín aduce que dita árbore inclinouse de forma notable nestes dous últimos anos e que se atopa na beirarrúa frontal ao CRA de Ribadelouro, por iso pide unha solución para non ter que lamentar nun futuro posibles accidentes.
Do mesmo modo, dentro desta campaña #Tuiseguro, explica que na parroquia de Ribadelouro hai máis árbores susceptibles de causar problemas, por exemplo, moi cerca deste existe un piñeiro que está a punto de chocar co cableado eléctrico.