Redacción 06/04/2021

“Non respecta nin o acordo plenario que establece a periodicidade dos Plenos ordinarios, nin a hora establecida, nin o prazo mínimo de 2 días hábiles para a súa celebración”

 

 

O PP do Porriño afirma que “a convocatoria  da sesión Ordinaria quebranta as regras básicas para a formación da vontade do órgano colexiado (Pleno), constituíndo motivo de NULIDADE dos acordos adoptados” e así o presentaron onte por rexistro e pedindo Informe do Secretario Municipal.

O Pleno ordinario do mes de Marzo que se celebrou o pasado mércores 31, destaca o grupo popular “foi suspendido por decisión da Alcaldesa de Porriño, convócase unha semana despois, sen respectar nin o acordo plenario que establece a periodicidade dos Plenos ordinarios, nin a hora establecida, nin o prazo mínimo de 2 días hábiles para a súa celebración; engadindo a exclusión dunha integrante da corporación Municipal na convocatoria do Pleno, negando así a que exerza o seu dereito fundamental, todo isto por decisión da Alcaldesa de Porriño que a exclúe da convocatoria por chamala “mentireira”, algo que o seu propio grupo usou media hora antes no mesmo Pleno en reiteradas ocasións, sen advertencia algunha da Alcaldesa, e todo isto coa complicidade dos seus socios de goberno e investidura”.

Segundo o Art. 87 do  ROF. “ Toda sesión, sexa ordinaria ou extraordinaria, haberá de respectar o principio de unidade de acto e procurarase que termine no mesmo día do seu comezo. Se este terminar sen que se debateron e resolvido todos os asuntos incluídos na orde do día, o Presidente poderá levantar a sesión. Neste caso os asuntos non debatidos haberán de incluírse na orde do día da seguinte sesión”.

O  grupo popular porriñés recalca que “non é posible suspender a sesión e continuala ao día seguinte ou seguintes, pois con iso infrínxese o principio de unidade de acto e constitúese unha ilegalidade. Entendemos pois, que o que procede  é convocar  unha nova sesión, con carácter Extraordinario, incluíndo na súa orde do día os asuntos que quedaron pendentes, se hai razóns de urxencia e expoñendo os motivos, pero cumprindo os acordos plenarios sobre periodicidade, horas, prazos establecidos e coa totalidade da Corporación Municipal, non a escollida pola Alcaldesa ao seu criterio e elección”.

Finaliza o PP engadindo “no Pleno de hoxe quedará claro quen se atopa á beira dunha Alcaldesa que esta á deriva, que nada fai por Porriño e as súas parroquias, e unha Alcaldesa que o que fai a dedo e en beneficio das empresas que nada teñen que ver co noso Porriño, a propósito e coa complicidade dos seus socios de goberno, algo do que o Partido Popular do Porriño non será  cómplice, nin asistirá a unha nova obra de teatro deste goberno Municipal”.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad