Redacción 01/04/2021

Afaga Alzheimer deixa aberto o prazo para participar no concurso de relatos sobre Alzheimer e outras demencias “En un rincón da Memoria”. Nesta sétima edición, os coidadores, familiares e calquera persoa maior de 16 anos, sensibilizados con esta enfermidade ou que queiran escribir, poden presentar o seu traballo e atopar a súa fonte de inspiración no envellecemento ou enfermidades  neurodexenerativas

 

Nesta ocasión, debido á situación especial na que nos atopamos, o tema é: “Confinamento e mellora persoal”. A enfermidade de Alzheimer ou outras demencias consideradas como patoloxías que illan  a quen as padece e as súas relacións socio-familiares e como a mellora persoal é esencial para superar as adversidades da vida, principalmente no actual contexto de crise social.

Hai dúas categorías: galego e castelán, e cada unha ten un gañador que debe escoller entre as tres opcións seguintes como premio: unha tableta, un reloxo intelixente ou un libro electrónico.

O concurso está aberto dende o 5 de abril ata o día das Letras Galegas, o luns 17 de maio. As historias curtas recibiranse exclusivamente por correo electrónico: comunicacion@afaga.com.

A extensión do relato debe ser como mínimo de páxinas e media e como máximo de tres. En tamaño de letra Arial 12 ao espazo 1.5. As bases pódense consultar na páxina web: www.afaga.com.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad