A Asociación de Veciños A Portela de Tameiga denuncia que a alcaldesa do Concello de Mos incumple o seu compromiso de eliminar o tráfico pesado da zona urbana residencial de Puxeiros. Desde a asociación veciñal indican que esta é unha das principais demandas da parroquia ante o deterioro da calidade de vida e seguridade vial que sufre a veciñanza deste barrio.
A Asociación de Veciños A Portela sinala que este compromiso xa ven desde primeiros do ano 2019, cando Nidia Arévalo anunciou antes das eleccións municipais que de xeito inmediato se executaría un plan para eliminar o tráfico pesado da avenida de Puxeiros. Daquela no paquete de promesas electorais anunciou a apertura dun aparcadoiro público de superficie para aliviar a escaseza de zona de aparcamento de vehículos no alto de Puxeiros.
A asociación veciñal lembra que si ben o aparcadoiro non tivo mais recorrido que o dunha típica promesa electoral, si que ao respecto da eliminación do tráfico a alcaldesa reafirmou o seu compromiso nunha reunión con representantes da asociación.
Así en agosto do ano 2020 se volvía a anunciar nas redes do concello a inminente execución deste proxecto para a eliminación do tráfico nos núcleos residenciais de Puxeiros é Sanguiñeda. Incluso na propia web do concello se xáctaron de ter concedida unha subvención do Plan Concellos 2020 para acometer a sinalización.
A asociación denuncia que dous anos despois do primeiro anuncio da aplicación inmediata do plan de restricción de tráfico non se acometeu ningunha actuación para levalo a cabo. “Os veciños estamos cansados das promesas incumplidas, non entendemos onde meten os cartos destas subvencións e seguimos a espera de que se reduzca o tráfico pesado para que as rúas sexan mais seguras para os veciños, e que teñamos un pouco de acougo de tanto ruído e fume” – declara Catalina Coya, membro da directiva da asociación veciñal.
A Asociación veciñal de Tameiga exise ao Concello que acometa sen máis demora as medidas necesarias para pacificar o tráfico na zona urbana residencial de Puxeiros e devolver a tranquilidade á veciñanza.