
Os barrios nos que se realizan estas actuacións son os de Ermitas, Couto, Toucedo e tamén en Alxén, cun orzamento de 72.319,92 € con cargo ao Plan Concellos 2020 da Deputación
O Concello de Salvaterra de Miño segue coas obras de ampliación da rede de saneamento municipal, e nesa liña ven de iniciar as obras nos barrios de Ermitas e Couto, na parroquia de Salvaterra, e no barrio de Toucedo na parroquia de Alxén, con cargo o Plan Concellos 2020.
As actuacións que se están realizando consisten na limpeza, corte e demolición de firme, complementando a rede de servizos existentes mediante a execución da rede de saneamento na zona e a reposición das gabias.
As tres actuacións executadas nos barrios de Salvaterra e Alxén teñen como fin último dotar de saneamento ás vivendas que non posúen dito servizo, para que se poidan conducir as augas residuais ao colector xeral para o seu posterior tratamento. A obra consiste na canalización de tuberías de PVC destinadas á rede de saneamento incluíndo todas as actuacións complementarias: escavacións, pozos de rexistros nos puntos necesarios da nova rede e reposicións.
En total está previsto executar 782 m de tubería de PVC de 250 mm de diámetro nominal e a instalación de 20 pozos de rexistro nos puntos necesarios do novo colector. Os tramos a executar fluirán en colectores existentes, polo que as vivendas poderán conectarse á rede de saneamento actual unha vez rematada a obra, cun prazo de execución de 2 meses.
O orzamento desta obra ascende á cantidade de 72.319,92 €, que levará a cabo O Concello a través do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.