Redacción 27/03/2021

Baiona, Barro, Cerdedo-Cotobade e Cangas poderán realizarán melloras nos seus territorios e financiar a contratación de 49 persoas.

A Deputación a punto de pechar a Liña de Emprego con 52 concellos que xa teñen aprobado o financiamento de 8,8 millóns de euros para a contratación de 826 persoas.

A Xunta de Goberno provincial aprobou hoxe novos investimentos no marco do Plan Concellos 2021 co visto bo a catro novas achegas que suman 742.000 euros e que irán a parar aos concellos de Baiona, Barro, Cerdedo-Cotobade e Cangas dentro das liñas 1 e 3 do plan.

Máis polo miúdo, a Xunta de Goberno deu luz verde a un investimento de 115.000 euros cos que Baiona reparará a pavimentación, canalizará pluviais e ampliará o saneamento de diversos camiños no  lugar de Baredo. Para Barro aprobou 91.000 euros cos que o concello financiará a parte que lle corresponde na recuperación do espazo e mellora da mobilidade peonil na EP-0508 Curro – San Amaro  polo que, deste xeito, serán recursos da Deputación os que fagan fronte ao custo total desta obra que ascende a 303.000 euros.

Coa Liña 3 de emprego 49 persoas poderán traballar nos concellos de Cerdedo-Cotobade e Cangas. Cerdedo-Cotobade poderá financiar a contratación de 26 persoas grazas a unha achega provincial de case 288.000 euros; e Cangas fará o mesmo con outras 23 persoas a través dunha subvención de 248.000 euros. Con estas dúas novas achegas da liña 3 de Emprego, xa son 52 os concellos que teñen aprobada esta liña, o que permitirá 826 contratacións cun investimento de 8,8 millóns de euros.

 

Novos convenios para o Servizo de Administración Electrónica.

O goberno provincial aprobou tamén os convenios con outras 17 entidades locais dentro do novo contrato para que poidan seguir desfrutando do servizo de administración electrónica. Son Cambados,  Salvaterra, Salceda, Agolada, Poio, Redondela, O Porriño, Cangas, Vila de Cruces, A Estrada, Valga e Campo Lameiro e as entidades menores de Vilasobroso, Morgadáns, Arcos da Condesa, Bembrive e Chenlo.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad