A Concellería de Vías e Obras informa que o pavimentado da rotonda da Avenida Principal-Rúa Arousa do polígono industrial de A Granxarealizaranse entre a tarde deste venres 26 e ao longo do sábado 27, buscando o menor impacto no tráfico do vehículo.
Lourdes Moure, concelleira responsable explicou que a empresa que levará a cabo a pavimentación, a firma “Naturgalia”, informoulle que o fresado da rotonda comezará a partir das catro da tarde deste venres e que a Policía Local xa foi notificada para regular o tráfico.
Do mesmo xeito, Moure Varela tamén comunicou a execución das obras á Entidade Urbanística de Conservación do polígono de A Granxa cumprindo un compromiso adquirido polo Concello. Esta rotonda rexistra a diario aforos de tráfico de milleiros de vehículos, especialmente tráfico pesado.
Os traballos desenvolvense con fondos do plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.