Redacción 26/03/2021

O Concello de Mos informa do labor realizado neste primeiro trimestre na Axencia de Colocación en relación á formación para o emprego.

 

A Axencia de Colocación do Concello de Mos pecha o primeiro trimestre do ano 2021 con dous obradoiros de emprego en marcha, un Plan Integrado de Emprego e un AFD (Acción Formativa para Desempregados). Entre as iniciativas de formación para a inserción laboral en marcha atópanse dous Obradoiros de Emprego que están enfocados cara a potenciación do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos con motivo do ano Xacobeo 2021 e levan por título “Mos Peregrino” e “Mocidade no Camiño”.

“Mos Peregrino” é un obradoiro dual de emprego cofinanciado pola Consellería de Emprego e Igualdade cun importe de 346.946 €, no que participan 20 persoas desempregadas do municipio ao longo de 9 meses. Este proxecto ten como finalidade a posta en valor do patrimonio municipal e etnográfico existente no municipio, e máis concretamente, o trazado do Camiño de Santiago Portugués ao seu paso polo concello de Mos e a súa zona de influencia. A mellora destes entornos favorecerá a dinamización do Camiño de Santiago, sendo un foco importante de posta en valor da promoción turística e acercamento ao peregrino. 

O Concello destaca a prioridade do proxecto en enfocar as obras de acondicionamento e revalorización, ao desenvolvemento de ocupacións orixinariamente tradicionais, pero que as novas técnicas e propostas de materiais, así como a relevancia que está adquirindo a restauración e rehabilitación do patrimonio, fan destas ocupacións unha fonte de emprego nos próximos anos. Por iso o alumnado-traballador fórmase en especialidades formativas Edificación e obra civil-albanelería e colocación de pedra,  madeira-traballo de carpintería e moble, e mecanizado de madeira e derivados. As actuacións que se desenvolverán unidas á formación certificable que se lles dará ao alumnado desenvolveránse nos espazos públicos ao longo do Camiño de Santiago, incidindo na sinalización, mobiliario urbano, obras de acondicionamento e embellecemento do Camiño.

Ao remate da actividade do Obradoiro dual de emprego, o Concello de Mos desenvolverá un programa de inserción laboral das persoas participantes no Obradoiro, e través de incentivos á contratación por conta allea durante un mínimo de 3 meses a xornada completa en empresas que o soliciten na convocatoria destas axudas, que terá lugar antes do remate do Obradoiro. A selección do alumnado e do equipo directivo realizaráse nas vindeiras semanas e prevése o inicio do mesmo a fináis do mes de decembro.

“Mocidade no Camiño” vai dirixido a persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (formación e aprendizaxe). Para a realización deste Obradoiro de Emprego o Concello de Mos conta coa concesión dunha subvención por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. Esta axuda enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, nunha porcentaxe do 91,89%.

A axuda ao Concello de Mos, ascende ao importe global de 369.492,32 euros, con cargo ao orzamento da Consellería de Economía, Emprego e Industria, para o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego e os salariais derivados dos contratos de traballo que se subscriba co alumnado, sendo a contía destinada para a gastos salariais de alumnos-traballadores de 235.553,12 euros.

O Programa de emprego denominado “Mocidade no Camiño” dá emprego durante un ano a 16 alumnos traballadores, persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil e distribuídas nas especialidades formativas de deseño de produtos gráficos e multimedia (8 mozos) e xardinería e auxiliares de conservación de montes (8 mozos).

Os obxectos de actuación para a execución do desenvolvemento do proxecto son a actuación na Senda do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos mediante saneamento e poda de árbores, limpeza arredor dos árbores, mantemento de macizos e plantas, operacións de control fitosanitario, reposición de elementos e pequenas obras de mantemento; e a posta en valor do trazado do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos a través de actuacións de marketing e publicidade, a través da realización de materiáis gráficos e multimedia, que poñan en valor a zona, e den a coñecer aos peregrinos, e á poboación en xeral, a riqueza natural e etnolóxioca existente ao longo do Camiño.

Por outra banda Durante este ano 2021 desenvólvese o VI Programa Integrado de Emprego Mos 3.0. 2020-21 ata o 8 de novembro de 2021, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade con 250.000 €. O custo total do proxecto é de 313.283,21 €, polo que o Concello asumirá importe non subvencionado. Este é a sexta edición do programa Mos 3.0., iniciado no ano 2014-15, pero anteriormente houbo outros dous programas integrados anteriores. En todos eles acadouse o obxectivo de inserción comprometido (45%), o cal se elevou con creces a maioría dos anos, chegando entre un 70% – 80%.

O Programa do ano 2020 estivo marcado pola actual situación de crise xerada pola COVID-19, e neste ano 2021 a situación desta crise non mellorou, polo que o desenvolvemento deste VI Programa Integrado de Emprego estará marcado por acción adaptadas a esta situación, fomentándose na medida do posible actuacións que permitan que os participantes poidan en todo momento estar atendidos e participar tanto presencialmente como de forma non presencial, nas mellores condicións.

Os obxectivos do programa son a mellora da empregabilidade das persoas participantes. Ser un instrumento útil para as empresas, traducido na adecuación dos perfís profesionáis para unha posible incorporación ás suas empresas. E a inserción dun mínimo dun 45% das persoas participantes.

Participan no programa, 32 persoas pertencentes a colectivos con maiores dificultades: persoas desempregadas con discapacidade, persoas desempregadas en risco de exclusión social (incluidas as perceptoras de Risga) e persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación, e 68 persoas dos seguintes colectivos: persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas; persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios de desemprego ou renda de inserción activa de inserción (RAI); mulleres desempregadas; persoas desempregadas de longa duración. A porcentaxe de menores de 30 anos (con cualificación e sen cualificación) que se interesaron polo programa foi importante (o 53%).

Así mesmo o pasado mes de outubro comezaron as clases os 10 alumnos/as do curso AFD de Soldadura Oxigás e Soldadura MIG/MAG tamén subvencionado pola consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, que agora se atopan realizando as prácticas en empresa. Trátase de formación práctica de calidade e con futuro xa que, ao terminar, ós alumnos entregaráselles un diploma acreditativo do Certificado de Profesionalidade, da familia profesional de Fabricación Mecánica, área profesional da construción metálica: “Soldadura Oxigás e Soldadura MIG/MAG”. A subvención autonómica concedida para a realización deste curso AFD (Acción Formativa para Desempregados) ascende a 76.733,10 euros.

Trátase dunha acción formativa cunha duración total de 670 horas que está a ser impartida por parte da Axencia de Colocación do Concello de Mos, que continúa a priorizar as políticas de formación, emprego e inserción laboral nestes duros momentos de crise económica derivada da COVID-19. As competencias a adquirir polo alumnado durante a acción formativa son a realización de soldaduras e proxeccións térmicas por oxigás, soldaduras con arco baixo gas protector con eléctrodo consumible (MIG, MAG) e proxeccións térmicas con arco, de acordo coas especificacións dos procedementos de soldeo (WPS). As materias que se imparten son prevención de riscos laborais, interpretación de planos, procesos de corte e preparación de bordos, Soldadura Oxigás, Soldadura MAG de chapas e estruturas de aceiro ao carbono e Soldadura MIG de aceiro inoxidable e aluminio.

Tras o curso, os alumnos terán 40 horas de prácticas non laborais en empresas cuxo obxectivo é que poidan por en práctica os coñecementos adquiridos nun ambiente real de traballo. Ademais, estes alumnos formaranse para acceder ao mercado laboral como soldadores e serán inscritos na bolsa de emprego “https://mos.portalemp.com/”, dende onde se realizará unha intermediación laboral con empresa do sector para conseguir a súa inserción laboral.

Por último tamén se atopa en marcha BecaMos e IC3, iniciativa para persoas interesadas en presentarse aos exames de certificación que se levarán a cabo durante este ano 2021. Ditas persoas poden enviar un correo cos seus datos e solicitude a info@axenciadecolocacionmos.es

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad