Redacción 25/03/2021

A Comunidade de Montes de Tameiga presenta a proposta do Comité Consultivo de Monte Faquiña ao empresariado ubicado no polígono industrial Monte Faquina, propiedade da comunidade de montes. Na reunión constituínte celebrada onte na sede da Comunidade de Montes de Tameiga asistiron representantes da maioría das empresas convidadas empresas, tanto das PYMEs como das grandes empresas. Debido ao cumprimento dos protocolos COVID nesta primeira reunión só se convidou a metade das empresas instaladas no polígono Monte Faquiña. Nunha segunda rolda convidaráse ao resto máis aos organismos oficiais.

 

O Comité Consultivo do Polígono de “Monte Faquiña”, constituído esta semana, ten por obxecto mellorar o diálogo entre tódalas partes implicadas na xestión do polígono industrial de Faquiña e configúrase como unha iniciativa posta en marcha pola Comunidades de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga para fomentar e estabrecer cauces para un intercambio regular de impresións entre veciños, Concello, Deputación, Comunidade de Montes e empresarios, coa intención última de que se traduzan en propostas relativas ó funcionamento ou xestión do polígono industrial que, como tales, serán sometidas á consideración da Asemblea Xeral da CMVMC de Tameiga.

A proposta é que este órgano de cooperación sexa integrado polo Presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga, por dúas persoas representantes das empresas que teñan a súa sede ou delegación comercial no polígono industrial de Faquiña, por unha persoa en representación do Concello de Mos, por unha persoa en representación da Deputación de Pontevedra, por dúas persoas representantes dos veciños das parroquias na que se atopa o polígono industrial de Faquiña e por dous comuneiros da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga. A Comunidade de Montes agradece o compromiso da Deputación Provincial de Pontevedra propietaria dos principais vieiros de acceso ao polígono industrial, mais mostra incomprensión polo feito de o Concello de Mos ter rexeitado a participación na reunión mesmo antes de que fora cursada a súa invitación. Porén, o goberno local será convidado á próxima reunión.

As atribucións do Comité Consultivo son opinar e formular recomendacións en torno ao funcionamento e xestión do polígono industrial de Monte Faquiña; propoñer e opinar sobre o deseño e execución de políticas, programas e actividades do polígono industrial de Monte Faquiña; analizar o funcionamento do polígono industrial de Monte Faquiña e formular propostas para a súa mellora; recomendar criterios e normas para lograr o equilibrio e satisfacción dos intereses de tódalas partes que participan no polígono industrial de Monte Faquiña; formular á Asemblea Xeral da Comunidade de Montes de Tameiga as propostas que estimen convinte sobre calquera cuestión que afecte ó funcionamento do polígono industrial de Monte Faquiña ou aos intereses das partes implicadas no mesmo; e estudiar e analizar as axudas para parques empresariais que se aproben polos organismos competentes e debatir a conveniencia de solicitar a súa concesión para o polígono industrial de Monte Faquiña.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad