A liña de axuda “Porriño Impulsa 2021″para hostalería, comercio e autónomos se votará no vindeiro Pleno Ordinario do mércores 31
Esta tarde terá lugar a celebración tres comisións informativas que prepararán a sesión plenaria de marzo, que se celebrará o vindeiro mércores 31.
A Comisión de Economía e Facenda, ás 18.00 h, tratará a modificación orzamentaria para a contribución do Concello á liña de axudas “Porriño Impulsa 2021”, dirixida á hostalería, comercio e autónomos afectados polas restricións da pandemia.
A operación mediante suplemento de crédito financiado co remanente do tesourería será de 82.138 €, que é a contribución municipal que completará os 57.861 € que proporciona a Deputación ata acadar os 140.000 € do importe total da axudas, que otorgará o Concello aos sectores económicos máis afectados.
Doutra banda, esta tarde tamén se celebrará como unha comisión municipal de Urbanismo, ás 18.30 h; así como unha comisión de Deportes que coñecerá a proposta da mesa de contratación, na licitación da prestación de servizos na Piscina Municipal.