Redacción 22/03/2021

As alcaldesas de Salvaterra, Salceda e O Porriño despregaron unha pancarta cun lazo negro en condolencia cos familiares das vítimas do accidente no Alto da Brava, na estrada autonómica, no que perderon a vida unha nai máis os seus fillos e un cuarto hospitalizado de gravidade

 

 

A alcaldesa de Salvaterra do Miño, Marta Valcárcel, xunto coas rexedoras de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira e de O Porriño, Eva García, despregaron hoxe unha pancarta cun lazo negro no viaduto de Parderrubias, na estrada PO-510, preto do Alto Da Brava; onde tivo lugar a colisión frontal entre dous vehículos o pasado venres pola noite, no accidente no que perderon a vida unha muller e os seus fillos, deixando tamén un ferido de gravidade.

As alcaldesas, xunto con representantes da Policía Local e do grupo de Protección Civil de Salceda que interviñeron no sinistro, amosaron deste xeito a súa condolencia e a dos Concellos que representan cos familiares das vítimas.

A alcaldesa de Salvaterra indicou que solicitará áConselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, unha reunión para analizar as condicións de seguridade desta estrada PO-510, de titularidade autonómica, que presenta un alto nivel de perigosidade.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad