Salvatera do Miño adheriuse no 2020 a rede Concellos Ágora.
A deputación de Pontevedra e os municipios recuperan espazos públicos.
O Concello de Salvaterra de Miño adheriuse o 27 de xullo do 2020 á rede de Concellos Ágora polo Espazo Público, que pretende ser rede de acción institucional entre a Deputación e os municipios da provincia para realizar políticas de recuperación do espazo público co obxectivo principal de multiplicar o espazo destinado ás persoas no horizonte de 2023.
10 principios dos Concellos Ágora: O espazo público é un dereito, As persoas primeiro, mobilidade inclusiva, autonomía infantil, movilidades alternativas, espazos seguros, hábitat saudable, espazos amables e de calidade, actividade económica de proximidade e mobilidade sustentable. Para iso a Deputación de Pontevedra pon a disposición dos concellos persoal técnico especializado para orientar e asesorar no desenvolvemento dos obxectivos marcados.
O pincipio sexto “Espazos seguros” identifica a seguranza viaria como unha prioridade nos concellos, incentivando políticas de calmado de tráfico, a través da colocación de pasos peonís sobreelevados e da implantación de 30km/h como velocidade máxima en casco urbano, algo que xa contempla a propia Dirección Xeral de Tráfico e que entrará en vigor no próximo mes de maio, co cal o que fan os Concellos Ágora e adiantarse á normativa de tráfico que entrará en vigor nun par de meses.