Redacción 21/03/2021

O Concello de Mos dedicará varias subvencións de administracións supramunicipais, así como partidas de fondos propios, á contratación de persoal para diferentes departamentos municipais e así cubrir servizos municipais básicos.

 

O Concello de Mos anuncia que contratará até 47 traballadoras e traballadores ao dos vindeiros meses que, con contratos de até 9 meses, contribuirán a cubrir as necesidades dos servizos municipais.

Con cargo á liña 3 do Plan Concellos da Deputación contrátanse a 16 traballadores que desenvolven tarefas de operario de limpeza viaria (dous traballadores), recolledor de residuos (4 traballadores), operario de mantemento de parques e xardíns (4 traballadores), peón de obras públicas (3 traballadores) e operario de mantemento de edificios deportivos (3 traballadores). A duración do contrato é de 6 meses a xornada completa e o proceso de selección atópase xa en marcha. Tamén se atopan en proceso de selección as dúas mulleres vítimas de violencia de xénero que serán contratadas polo Concello de Mos ao abeiro da subvención autonómica da Secretaría Xeral da Igualdade, destinada ao fomento do emprego neste colectivo, que é un dos que máis está a sufrir esta pandemia. 

Outro prodecemento de selección de persoal que se atopa en proceso nestes momentos é o de Auxiliares de Policía Local. En total contrataranse con fodos propios do Concello de Mos a 4 axuliares durante 6 meses. Dous dos Auxiliares de Policía comezarán a traballar o vindeiro mes de abril e os outros dous empezarán en xullo. Pola súa banda a semana que ven aprobarase en Xunta de Goberno Local o convenio coa Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo para a contratación de 6 operarios para Mos do novo GES Mos-Redondela.

Outras contratacións que se farán a través de subvencións da Xunta de Galicia son as do Aprol Rural, as de persoas preceptoras de RISGA e das brigadas contra incendios. A través do Fomento do emprego no medio rural (Aprol Rural) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, contrataranse a 2 traballadores en postos de peón forestal durante 9 meses a xornada completa.

A contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da RISGA é subvencionada tamén pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e o número de traballadores será de cinco para os postos de Auxiliar Administrativo (un), Peóns de obras públicas (dous), e Operarios de limpeza (dous) que traballarán durante 9 meses cunha xornada de traballo do 75 %.

Por último, con cargo ao Convenio interadministrativo subscrito entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Mos para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais, contrataranse a 12 traballadores nos postos de Oficial 1ª conductor motobomba (sete), Xefe de brigada (un) e Peóns (catro). A duración do contrato é de 3 meses.

Neste senso a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Persoal e Emprego declararon que “debido á situación de crise derivada da COVID-19 que nestes intres estamos vivindo, desde o Concello dámoslle prioridade ao emprego. Consideramos que o pensar e o sentir dos mosenses coincide con este razoamento, e ademáis co incremento de persoal continuamos a mellorar os servizos municipais para a ciudadanía, o que revirte nunha mellora da calidade de vida e do entorno da veciñanza mosense”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad