Redacción 15/03/2021

Xa está reparada a avaría da condución xeral e polo momento cancelouse ata novo aviso o corte na rede previsto para hoxe

 

O Consorcio de Augas do Louro comunicou ao Concello do Porriño que, ás 11.00 h desta mañá, rematou a reparación da avaría que provocou un corte de subministro que afectou a todo o centro urbán porriñés. Polo tanto, espérase que a subministración se normalice gradualmente.

A causa do fallo foi unha rotura na canalización xeral de auga, avaría localizada no Camiño de Currás e que provocou problemas a partir das 06.00 h desta mañá, estendéndose a toda a zona urbana.

Por outra banda, o Consorcio de Augas do Louro informa de que, o corte de subministro anunciado para hoxe, entre as 10.00 e as 12.30 h, para tarefas de mantemento da rede que ía afectar a vivendas, locais e empresas con sede na avenida de Galicia e noutras rúas colindantes, xa non terá lugar  ao cancelarse ata novo aviso.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad