Dos 55 traballadores soamente 5 foron vacinados ata o de agora
O Concello do Porriño trasladou hoxe a súa “preocupación” á Dirección da Área Sanitaria de Vigo polos atrasos na vacinación do persoal do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), atribuídos a “problemas técnicos”.
Na carta enviada hoxe desde a Alcaldía, indícase que “a día de hoxe cónstannos que soamente foron vacinados cinco traballadores dun total de cincuenta e cinco”.
A misiva que firma Pedro Pereira como alcalde accidental, remata solicitándolle “celeridade no proceso” a Javier Puente, xerente da Área Sanitaria de Vigo.