Redacción 11/03/2021

Onte, a Xunta de goberno local acordou o inicio da licitación do contrato para a mellora da seguridade en viais de Pereiras, Cela, Guizán e Louredo. Os traballos suporán un total de 230.000 euros de investimento.

 

As obras proxectadas afectan a cinco viais do concello: o Camiño da Xaberga en Pereiras, o Camiño do Couso, tamén en Pereiras, o Camiño de Pardellas na parroquia de Cela, o Camiño Mosqueira en Guizán e o Camiño Piñeiro en Louredo. Estas obras de reposición da capa de rodadura e asfaltado acometeranse con fondos propios municipais, e están incluídas no Plan Anual de Mellora de Viais Municipais.

O orzamento desta serie de cinco asfaltados ascende a 231.611,70 euros. A realización da mellora da pavimentación dos camiños suporá cos accesos ao grupo sindical de Pereiras veranse moi mellorados, o acceso a zona alta de Guizán, así como de Cela, facilitando a comunicación interna das distintas parroquias. A lonxitude total dos camiños afectados é de máis de 3.000 metros. O prazo aproximado estimado, desde o seu inicio, para a realización destas obras de rehabilitación superficial do firme é de 15 semanas. 

 

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad