O debuxo volverá a protagonizar as rúas do Porriño coa segunda edición dun certame que na súa estrea gañaba o artista pontevedrés “Ras”
A Concellería de Cultura e Festas do Concello do Porriño, que dirixe Cami Moreira, anuncia a presentación para mañá xoves en roda de prensa, da segunda edición do certame “Batalla de Debuxantes Improvisdado”. Terá lugar ás 12.00 h no salón de plenos do Concello e xunto coa concelleira, participarán a responsable da Oficina Municipal de Información á Xuventude -OMIX-, Noelia de la Fuente; e o responsable de “Vella Escola”, Pablo Castiñeira, como entidade productora do certame.
Este concurso lanzouse por primeira vez no 2020, no primeiro estado de alarma “como un estímulo para os creativos, para que puideran traballar dende as súas casas pese ao confinamento”, como explicou entón Cami Moreira.
Daquela, realizouse unha convocatoria por redes sociais para debuxantes que, de xeito profesional ou aficionado, desenvolverán algunha disciplina artística relacionada coa pintura. Entre os debuxos presentados , seleccionáronse 6 artistas que concorreron á final celebrada nas Festas do Cristo nun escenario habilitado na praza do Concello. O artista pontevedrés alcumado “O Ras”, foi o gañador da primeira edición.