Redacción 10/03/2021

Marín, Salceda de Caselas e Barro recibirán as primeiras achegas da Liña e se aproban as  da Liña 3 de emprego para A Estrada, Moaña e Ribadumia. 

 

 

O goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novas achegas no marco do Plan Concellos por valor de case un millón de euros (997.619€), das que se beneficiaran nesta ocasión un total de 6 concellos. Son os primeiros investimentos do ano da Liña 1 de investimentos, e novas axudas da Liña 3 para a creación de emprego. 

A Deputación deu luz verde aos primeiros investimentos para Marín, Salceda de Caselas e Barro, enmarcados na Liña 1 do Plan provincial. Deste xeito, son 228.362 euros destinados á rehabilitación superficial de pavimentos de camiños rurais de Marín; 25.625 euros para habilitar aseos adaptados no mercado de abastos de Salceda e 21.510 euros para a mellora da seguridade dun viario no concello de Barro mediante a construción dun muro de contención.

Amais, o Goberno deu vía libre á quinta relación de achegas para a Liña 3 de emprego, por un total de 722.122€ para a contratación de 64 traballadoras/es en A Estrada, Moaña e Ribadumia. Con estas axudas, xa son 48 concellos os que teñen aprobada a Liña 3 para poder financiar a contratación de 741 persoas, cun investimento da Deputación de 7,8 millóns de euros. 

Novos convenios para o Servizo de Administración Electrónica

O goberno aprobou os convenios con outras 9 entidades locais dentro do novo contrato para que poidan seguir prestando servizo de atención electrónica. Son Fornelos, Meis, Tomiño, Covelo, Cuntis, O Grove, Lalín, Baiona e a Mancomunidade do Salnés.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad