
Convidamos, un ano máis e con máis forza que nunca, a todas as mulleres do Porriño, e aos homes que nos queiran acompañar, a xuntarnos este 8 de marzo ás 11.00 da mañá na Praza do Concello
Non hai ningún motivo para non facela, o contrario sobran os motivos e tamén nos sobra a responsabilidade. Seguimos a estar oprimidas, explotadas, facemos cargo dos traballos dos coidados non remunerados, con peores salarios nos traballos remunerados, sufrimos a violencia machistas, e se nos criminaliza por loitar polo que nos corresponde de xustixa. A concentración está comunicada en templo o prazo a autoridade correspondente. Sabemos respectar as normas, estamos fartas de que uns nos criminalicen e outros decidan por nós. As mulleres traballadoras, con soldo ou sen el, non imos calar.
Agardámosvos, a pandemia non pode ser a escusa para que non se nos escoite e se nos vexa na rúa reclamando os nosos dereitos. Farémolo con precaución pero sen medo.