Redacción 05/03/2021

O Xerente da Área Sanitaria de Vigo e do CHUVI, Javier Puente, asistiu á sesión constitutiva celebrada onte no Pazo de Mos.

 

No día de onte, coincidindo co Día Mundial da Obesidade, e a petición do persoal de Enfermería do Centro de Saúde de Mos, celebrouse no Pazo de Mos a sesión constitutiva da Mesa Coordinadora dos Programas Municipais de Saúde, contando coa presencia do Xerente da Área Sanitaria de Vigo e do CHUVI, Javier Puente. Á xuntanza acudiron tamén representantes do Concello e traballadoras e traballadores dos centros médicos e deportivos locais, así como dos servizos sociais e educación.

Na súa intervención o Xerente do CHUVI, manifestou a “total dispoñibilidade e absoluta colaboración da Área Sanitaria, do SERGAS e da Consellería de Sanidade en iniciativas deste tipo orientadas a facer un Mos máis saudable”. Durante a celebración da Mesa plantexáronse e paníficaronse actividades a levar a cabo cos diferentes colectivos (escolares, adolescentes ,mediana idade e maiores) por parte das enfermeiras. Presentouse o obradoiro de almorzos saudables na escola por parte de Julia Loureiro; e acordouse iniciar, despois da vindeira Semana Santa, un programa de actividades deportivas ao aire libre para maiores, organizadas en grupos moi reducidos e guiadas polos monitores deportivos municipais; para que este colectivo, moi activo no municipio e que é o que máis está a sufrir o illamento por mor da crise sanitaria, poida retomar o exercizo físico e a socialización que tanto lle convén e que tanto ansía.

Os obxectivos desta primeira reunión da Mesa eran dar a coñecer aos principais activos comunitarios, a iniciativa de crear un espazo que se converta nunha ferramenta clave de participación que permita coñecer as necesidades sentidas dos cidadáns, organizacións e institucións locais e que a través da coordinación desenvólvanse intervencións comunitarias que dean resposta a estas demandas mellorando a calidade de vida da poboación mosense. Tamén prentende facilitar o contacto, comunicación e coordinación intersectorial no municipio; crear sinerxias entre os diferentes actores do territorio optimizando os recursos da comunidade; visibilizar as fortalezas e debilidades do territorio, e promover a saúde e o benestar social, potenciando a capacidade das persoas e grupos para a abordaxe dos seus problemas, demandas e necesidades.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad