Para garantir o cumprimento das restricións á hora de consumir nos locais hostaleiros creouse unha nota informativa da que se vixiará o seu cumprimento
Os establecementos de hostalería do Porriño recibirán unha folla informativa para que coñezan as medidas que deben adoptar e para que teñan a información necesaria para descargar os códigos QR. Axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil serán os encargados da distribución.
O acordo acadouse hoxe nunha reunión celebrada na Alcaldía, presidida pola rexidora porriñesa, Eva García, xunto a concelleira de seguridade, Lourdes Moure; inspector xefe e o oficial da Policía Local Daniel Rodríguez e Antonio Pereira Nandín, respectivamente; e co presidente da Asociación de Hostaleiros de Porriño -AHOSPOR-, José Manuel Fernández Sanjuán.
O obxectivo é evitar problemas de exceso de capacidade e garantir o cumprimento das restriciónsvixentes, tanto no interior como nas terrazas dos establecementos.