Redacción 24/02/2021

O Porriño esixe a Xunta de Galicia que amplíe a súa participación na participación na prestación do servizo de axuda no fogar.

O Porriño trasladoulle á Consellería de Política Social “a urxente necesidade” de que a Xunta de Galicia amplíe a súa participación para sufragar os gastos do Servizo de Axuda no Fogar. 

“Na actualidade, este gasto que asumimos supón unha carga extraordinaria para o Concello do Porriño, polo que precisamos que a administración autonómica revise e aumente a súa contribución como demandan, tamén, outros concellos”, dixo David Alonso, concelleiro de Servizos Sociais.

O Concelleiro de servizos Sociais mantivo hoxe unha reunión telemática con Fernando González Abeijón, director xeral de Maiores “que me recoñeceu que a actualización é necesaria, dános a razón pero que, para este ano, a Xunta non poderá acometela por motivos orzamentarios, “, en palabras de Alonso Bargiela. Tamén propuxo ao responsable autonómico “traballar xuntos para lograr unha residencia xeriátrica no Porriño que actualmente carecemos para satisfacer as necesidades dese sector da poboación”.  David Alonso sinalou que o primeiro paso será unha próxima reunión co Consorcio Galego de Benestar Social para avaliar as posibilidades “.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad