A metade dos feirantes montaron os seus postos no municipio tras o anuncio do Concello de reanudar a feira
Onte instaláronse, na zona peonil de Porriño, 68 postos de venda con motivo da reanudación do mercado ambulante, que levaba tres semanas suspendido por decisión municipal.
Así mesmo, só instalaron vendedores con postos impares e, o vindeiro martes 2 de marzo, corresponderá aos que teñan un número par. O acordo do goberno municipal é que o mercado, volva celebrarse con 50% dos vendedores de cada quenda.
O concelleiro de Mercados do Concello do Porriño, Sergio Casal, valorou “o resultado da reanudación dun xeito satisfactorio”. Considerou “moi positivo que os vendedores ambulantes poidan volver ao traballo e a vila se revitalice de novo” e eloxiou “a colaboración dos vendedores na observación das medidas de seguridade e distancia”.