Redacción 23/02/2021

Os panadeiros do Porriño consideran que o recoñecemento como un éxito colectivo, xa que “levábamos moitos anos traballando en potenciar e mellorar a imaxe do Pan do Porriño” e “este recoñecemento como Marca Española, é o primeiro paso para un impulso e difusión maior.

Un pouco de historia e recoñecementos”, en palabras do seu presidente Jose Manuel Fernandez.

A Asociación de Panadeiros do Porriño ven de acadar, tras un longo período de tramitación, a consecución por parte da Oficina Española de Patentes e Marcas, dependente do Ministerio de Industria, Comercio y Turismo, do rexistro como “Marca Española”. Trátase do primeiro recoñecemento oficial da tradición histórica da elaboración de pan no Porriño e do seu carácter, convertindose con elo, nun pan cunha protección propia.
 
Un pouco de historia
 
A tradición histórica do Pan do Porriño comeza a ser recopilada en 1604, data na que se ten constancia da primeira referencia escrita do “Pan Trigo” do Porriño, realizada polo rioxano frei Anastasio de Lobera: “Pero el pan trigo que se gasta cozido sin comparación ecede a lo muy escogido de otras partes, siendo pocas en España las que pueden competir con lo de Orense, Tui, Lugo, el Porriño y otros lugares donde se vende”, o que acredita que se trata dun dos pans con maior antigüidade de Galicia e España. Esta tradición previa foi confirmada pola ubicación no Porriño da “Real Panificadora” que por motivos estratéxicos ubicouse no Porriño e non en Tuy e posteriormente, pola sona que adquiriu, unha vez desaparecida esta, polos moitos obradoiros artesáns que sobreviviron e que posteriormente serviu para surtir de pan a todas a tropas francesas da comarca do sur de Pontevedra durante a Guerra de Independencia, tamén coñecido como “pan de munición”. A tradición prosperou con moitos obradoiros ata actualidade, onde se produce un proceso de modernización pero sen perder a súa elaboración artesanal. Ante a necesidade de protexer o pan do Porriño fronte a outras alternativas máis industriais, no ano 2005, a Concellería de Comercio de Porriño que naquel intre xestionaba o concelleiro D. Nicolás Iván Vaqueiro Gradín, impulsou a creación da Asociación de Panadeiros do Porriño, integrada por 9 panaderías, que comezou a reivindicar a tradición panadeira. No ano 2015, dende o Concello do Porriño, tanto a Alcaldía do Porriño como a concellería de Comercio do Porriño dirixida por D.Marcelino Coto Troncoso, impulsaron co apoio da Asociación de Comerciantes do Porriño (ACIPOR) a posta en marcha da Iº Feira do Pan do Porriño, que contribuiu decisivamente a dar un pulo no coñecemento a nivel galego e estatal do Pan do Porriño e a impulsar o rexistro da marca Pan do Porriño. Dende entón, os recoñecementos non paran de chegar. Dúas panaderías porriñesas foron escollidas entre as 80 máis importantes de España segundo a revista Panatics e outro panadeiro porriñés acadou o prestixioso galardón  “A Miga de Ouro” premio galego que certifica o mellor pan de Galicia. A Feira do Pan vai caminos de tentar converterse no evento de referencia e capital galega do Pan, que na última edición contou coa participación de pans convidados galegos e portugueses.
 
Unha tarefa complicada.
 
Os panadeiros do Porriño afirman que o trámite legal foi complexo debido á oposición da Xunta de Galicia, que alegou ata dúas veces, o rexistro da marca. Segundo os panadeiros, esta oposición da Xunta débese a que dende o principio, se lles transmitiu que todos os pans de Galicia deberían aherirse á IXP Pan Galego. Os panadeiros, tras analizar o regulamento desta IXP afirmaron que non tería problema en valorar esta opción, pero o proceso de elaboración do Pan do Porriño non encaixaba, alomenos na actualidad, nas características dos pans amparados por esa IXP xa que modificaría a sua actual elaboración obrigándo a aumentar a hidratación e as fariñas da súa elaboración, feito que os panadeiros non estaban dispostos a asumir. Por iso, a asociación comezou no ano 2019 un segundo intento de rexistrar a marca Pan do Porriño, que recibiu unha nova alegación da Xunta de Galicia. Tras presentar un recurso ben funamentado, a Oficina Española de Patentes e Marcas, aceptou a alegación e permitiu rexistrar a marca a nivel nacional. “Non temos ningún ánimo crítico contra a Xunta de Galicia por estas alegacións. Entendemos que é o seu papel, pero teñen que entender que cada pan ten a súa personalidade e a IXP Pan Galego, tal e como está actualmente, non ten un encaixe claro para nós, e o “Pan do Porriño” precisaba de xeito urxente, unha figura de protección xurídica, Esta Marca é un primeiro paso, pero estamos desexando poder retomar o contacto coa Consellería de Medio Rural”, afirman dende a Asociación de Panadeiros.
 
Futuro do Pan do Porriño
 
En tempos de COVID, a promoción e expansión que o “Pan do Porriño”experimentou nos últimos anos, tivo que paralizarse debido á imposibilidade de realizar a Feira do Pan e otras actividades previstas, como asistencias a Feiras a nivel galego ou nacional, pero dende a Asocaición de Panadeiros, agardan que agora, co espaldarazo do rexistro da Marca Española “Pan do Porriño”, se abra novas oportunidades e agardan pedir o apoio das administracións para lograr que un dos pans máis importantes de Galicia, logre o prestixio que merece.
 
“Esta noticia é unha gran alegría para todas as panaderías que integran a asociacion de panadeiros. Levamos dende o ano 2005 loitando por un recoñecemento e este é un primeiro paso. Queremos agradecer a todos os que axudaron a este primeiro paso, dende os concelleiros Iván Vaqueiro, Marcelino Coto, á Alcaldía do Porriño e especialmente a ACIPOR, este primer éxito. Queremos que o Pan do Porriño esté nas principais feiras como FITUR, GOURMETS, Xantar,…porque é un pan de unha altísima calidade e queremos seguir mellorando como marca sen descartar a medio prazo voltar a falar coa Xunta de Galicia e a súa IXP oiu iniciar un trámite propio para unha nova IXP ou figura de recoñecemento e nivel europeo”

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad